Esta asociación está recuperando unha galiña autóctona que ten a súa orixe en Galiza e que estaba a piques de desaparecer. Nesta recuperación participaron activamente esta asociación, a Fundación Acivega e o Colexio de Veterinarios de Galicia. Pretenden obter a declaración de raza autóctona de Galiña Piñeira , como tamén existe na actualidade a raza de Galiña de Mos.
Estas actuacións comezaron cando un veterinario de O Pino, investigou sobre as características da galiña piñeira e veu un interese económico no mantemento desta raza.
Estas galiñas poñen un elevado número de ovos durante todo o ano, sen forzar a luminosidade.